Translate

A palabra de María Xosé Queizán na Academia Galega

Carta aberta as académicas e académicos da RAG

A escritora e feminista María Xosé Queizán foi elixida polo Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 14 de setembro de 2010, como digna candidata para formar parte da ilustre institución que vostedes forman. O Consello, axente das políticas de igualdade, levou a consenso a proposta de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega, na actualidade, integrada soamente por catro mulleres, logo do recente pasamento de Olga Gallego Domínguez.

A resolución do Consello valorou o labor extenso a prol da nosa cultura e a nosa lingua, de María Xosé Queizán, consolidada nas súas diversificadas facetas como intelectual, docente e activista a prol dos dereitos das mulleres na nosa sociedade e que damos por feito, a Institución que vostedes forman, terán a ben considerar...




Actualizar a Rosalía


A Festa da palabra silenciada mergúllase nunha renovada análise da escritora, 125 anos despois do seu pasamento, cando se cumpren 25 anos da publicación do primeiro monográfico adicado á Rosalía (debaixo adxúntase o enlace para a consulta do monográfico do ano 1985)   




Reseñas do Monográfico nº 26:  Ramón Nicolás