Translate













Historia da revista*:
A Festa da palabra silenciada é unha revista de cultura, producida por Feministas Independentes Galegas e dirixida por María Xosé Queizán, que sae á luz no ano 1983 co propósito de sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes nese momento. Ata o ano 1998 foi elaborada integramente por mulleres, desde o deseño e maquetación, a realización, as colaboracións e o material gráfico.
O seu contido foise ampliando desde o seu comezo ata a actualidade, reflectindo, por un lado, unha panorámica do pensamento feminista, sobre moi diversos aspectos da realidade, e por outro, explorando desde unha óptica aberta e crítica a literatura do noso país, incidindo na autoría feminina. A nómina de colaboradoras (máis de 200), revela o labor de estímulo que a Festa supuxo para as numerosas estudiosas do tema, así como o vigoroso impulso da literatura feita por mulleres, asunto sen precedentes no estado español.
Esta defensa incondicional da escrita feminina interrómpese no número 14, coincidindo tamén coa entrada de participación masculina na revista, ao considerar que xa se estaba cumprindo a nosa aspiración de que as escritoras deste país puideran gozar de máis espacio nos circuítos normais de difusión.
Outra característica da Festa é o seu pluralismo cultural e lingüístico. Nas páxinas da revista teñen acceso as escritoras doutras comunidades españolas: catalanas, vascas, asturianas, etc., pero tamén están representadas autoras portuguesas, francesas, italianas, canadianas, chicanas, etc. As creacións son publicadas en idioma orixinal e en galego, na procura dunha correcta comunicación. Deste xeito, a FPS, asume o compromiso de difundir por todo o mundo a lingua e a cultura galegas, dando a coñecer nos seus exemplares, estudios inéditos ata o momento. Desde o ano 1983, saen os seguintes Monográficos, dedicados ás precursoras da literatura feminista Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Máis adiante a escritoras máis recentes como Francisca Herrera Garrido e Xohana Torres, Pura e Dora Vázquez e María Mariño. Outra serie de títulos xiran en torno a aspectos de interese social e político como Medios de Comunicación, no que se analiza a imaxe da muller nos Media; Nenas, que fai unha incursión na literatura infantil e no que participan as propias protagonistas; O Erotismo, que indaga na transformación da muller en suxeito erótico; Colonialismo e sexismo, onde se enfoca a discriminación sexual como unha manifestación parella á xenofobia; O desafío de Antígona, A razón de fin de século, que parte dun balance sobre os avances sociais resultantes do racionalismo feminista.
Outros monográficos estudian aspectos culturais e artísticos como: as últimas tendencias na plástica con As novísimas pintoras Galegas; a análise do panorama poético feminino, no I Encontro de poetas peninsulares e das Illas de Vigo; e Arquitectura e urbanismo, onde se afonda na distribución e interpretación xenérica dos espacios.
O número 16, Unha festa poética, recolle unha antoloxía de estudos e creación poéticadestes 18 anos da publicación
O número 17, Abolición! está dedicado á prostitución, unha das manifestacións máis acuciantes da violencia de xénero.
A Festa da Palabra silenciada convoca desde abril do 2003, en combinación co Concello de Vigo, o Premio de Investigación "Festa da Palabra". No monográfico 18 publícase o traballo premiado no ano 2003, "As mulleres de La Artística".
O Monográfico 19 abriu as portas á cultura xitana, O Rromipén, en todas as súas manifestacións: música, lingua, fotografía e ao seu inconformismo vital.
A ciencia como aliada indaga sobre a vinculación entre os avances científicos e o despegue do movemento de liberación das mulleres.
Monográfico 21: Extra MARÍA MARIÑO, a poeta a quen se lle dedica o Día das letras galegas 2007.
Monográfico 22: OS FEMINISTAS, pensadores, creadores, ilustrados, referentes clave para a revolución feminista.
Monográfico 23: Violencia
Monográfico 24: O verbo patriarcal


Índices: 2, 3 , 4 , 5 , 6 , 7, 10,16
Nº 2, Rosalía de Castro
Aclaración
Rosalía
por María Xosé Queizán
Textos de Rosalía
Rosalía Feminista
Referencias poético-simbólicas a Rosalía
Textos Críticos
Rosalía: Unha lección para hoxe por Pilar Garcia Negro
Las Literatas por Carmen Blanco
Antoloxía da Obra de Rosalía de Castro
Pegada da loba-Humán por Margarita Ledo Andión
Dorotea Bárcena entrevistada por Carmen Rábade

CRITICA:
"París, Texas" por M. Teresa Otero Sande
"Sétima Soidade" por Maria Xosé Queizán
Ana Legido por Amanda
Malísimas por M.O.
CONDENAMOS
CREACION: M.C. Kruckrenberg , Griselda Espinosa-Helena , Villar Janeiro , Pilar Pallarés , M. Xosé
Canitrot , Xela Arias, Margot Chamorro , Ana Romaní , Phonte , Flor Maceira , Ana A. Souto
Nº 3 Francisca Herrera Garrido
Francisca Herrera Garrido por Camino Noia.
Néveda, primeiro acerte por M. Ríos Panisse.
Textos Críticos.
Entrevista con D. Carballo Calero por M. Xosé Queizán.
As Narradoras Galegas por Isabel Mouriz. "Almas de Muller. ¡Volalla n'a Luz!" por Ana Romaní e M. Xosé Canitrot.
Antoloxía Francisca Herrera Garrido.
Olimpia Valencia, o feminino na historia
por M. Del Carmen Pérez Pais. Galicia e a Muller en 'Amantia' por Carmen Blanco.

¡Qué Educación! por Susa Juanatey.
Vicent Marqués, dosexo por M. Xosé Queizán.
Chamamento.
Recital Rosalía en Compostela
por Amanda.
Festa da Palabra con Rosalía.
CREACION:
Emma Luaces , Ana Romaní , Cristal, Charo Pita , Rita Más Ybáñez, Marisé Álvarez Bugallo, Carys Evans , M. José Canitrot
Índice nº 4 Xohana Torres
Adicatoria. M. Xosé Queizán
Xohana Torres e os Media. Margarita Ledo Andión
Nota bio-bibliográfica
Sobre a Estructura de 'Adios, María'. Camino Noia
A Poesía de Xohana Torres. Carmen Blanco
Pra un achegamento á poesía de Xohana Torres. Anxeles Penas
A muller, eixo central no teatro de Xohana Torres. M. Rios Panisse
A verdade de Galicia en Xohana Torres. Teresa Barro
A Patria de Xohana Torres. Kathleen N. March
Inéditos de Xohana Torres
Antoloxía
Textos Críticos
Poemas a Xohana
Carta a Xohana Torres
O Tratamento da Muller na Narrativa de Castelao. Carmen Panero Menor
Os vellos si deben (de querer) enamorarse. M. Xosé Queizán
Machismo e Galeguismo. Teresa Barro
Simone, in memoriam. Isabel Mouriz
Don Xesús Rodríguez López: Educazón e Vida Social na Muller. Elena M. Alvaredo
Escrito por Mulleres
Mulleres e Ciencia. M del Pilar Aleixandre
CINE/ Alice Walker
CINE/ Lúa de Novembro. Rosa Luxembourg. M. K.
CREACIÓN
Índice nº 5 Nenas
Literatura Infantil e xuvenil. Carmen Blanco
Literatura infantil, literatura xuvenil. Ursula Heinze
Presencia da personaxe feminina na literatura galega infantil escrita por homes. Carmen Panero
Bruxas e fadas. = o dual feminino do mal e do ben. Sabela Alvarez Núñez
A muller nos contos Populares. Carme Hermida
A muller na literatura infantil Portuguesa. Concha Baez
Un intento programado de libros de texto non sexista. lnmaculada Reino González
Sobre a colección a favor das nenas. Sabela Alvarez / Isabel Mouriz
Do innato ó cultural. Celia González Seijas
Unha experiencia de autora/educadora. Helena Villar Janeiro
Un achegamento ó noso corpo. Inmaculada Reino González
Antoloxía
Un defensor de mulleres no XVIII. Pilar Allegue Aguete
As Publicacións de Célia Amorós. María Xosé Queizán
Pudenda Origo. María Xosé Oueizán
Sören Kierkegaard. María Xosé Oueizán
Crítica da razón patriarcal. Pilar Allegue
A menopausia: ese gran mito sexista. Celia Millares
Palmira González Boullosa. Amanda
Mulleribus: un feito de mulleres. Lucía do Mato
Un libro máis de Helena Villar. Isabel Mouriz Barja
O segredo da pedra figueira. Camino Noia
A casa abandonada. Camino Noia
O espello esnaquizado. Luz Pozo Garza
Lumes. Un achegamento a Marguerite Yourcenar. Mª. Jesús Fariña
Poesía feminina última: Xela Arias. Ana Romaní. Pilar Cibreiro. Carmen Blanco
Escolma de tódolos traballos recibidos. Ana Romaní
Nº 6 Emilia Pardo Bazán
Rebelión textual: A revolución feministas en Los Pazos de Ulloa. JulieVandivere
Emilia Pardo Bazán e O Rexurdimento. Carmen Hermida
A fábrica de tabacos da Coruña. Encarna Otero Cepeda
Emilia Pardo Bazán ante a moral sexual do seu tempo. Marina Mayoral
Á luz das cartas de amor de Doña Emilia Pardo Bazán. M. Carmen Panero Menor
Misoxinia e feminismo. Teresa Barro
Aspectos feministas do pensamento da Pardo Bazán, Camino Noia
Pardo Bazán: Feminismo, espírito de clase, moralismo. María Pilar García Negro
Pardo Bazán e a educación. Mª, José del Río Oliete
Emilia Pardo Bazán e a cuestión académica, Oliva Blanco Corujo
Cartas inéditas da Avellaneda
Para unha nova apreciación de dona Emilia como crítica. Carol Alexis Stos
Antoloxía. Carmen Blanco
Misoxinia e naturalismo. Unha lectura de Proust. Hipólita Villar López
O arquetipo viril.Mª XoséQueizán
La otra "política" de Aristóteles. M . Xosé Queizán
Ética e feminismo. Pilar Allegue
Hegel e a ética. María Xosé Agra
María Zambrano: Unha lectura apaixoada. Mª.Antonia Muñoz Mella
Novas tecnoloxías reproductoras. M.Xosé Queizán
Situación Legal das N.T.R. María Xosé Varela
Congreso celebrado en Bard, Kotbari, Comilla (Bangladesh) os días l8 á 25 de marzo de l989
Muller e traballo doméstico. Asunción Cambrón lnfante
As mulleres e a revolución francesa. Encarna Otero
Escrito por mulleres. C. B.
Conversas con Carballo Calero de Carmen Blanco, Marisa Andrade
Lourdes Méndez e as súas "Cousa de mulleres ". Carmen Blanco
0 rei da nada, de Sabela Álvarez. Isabel Mouriz Barja
Unha árbore un adeus, e Marina Mayoral, Manuela Pena Santiago
Oueimar as meigas, de Elisa Vázquez. Ana Romaní
CREACIÓN
Nº 7 Medios de Comunicación
O poder dos medios de comunicación, María Xosé Queizán
A muller suxeito e obxecto da información radiotelevisiva, Rosa Franquet Galvot
A muller e a televisión, Eva Veiga
Muller e información na TVG, Ana Espósito Valle
A muller na televisión leningradense, Elena Zernova
Norma e estandarización, anlise da televisión galega, María Camino Noia Campos
Rapazas, rapaces e te evisión, Sabela Alvarez Núñez
Prensa para mulleres ou o discurso do privado, Femiriari Departemnt Periodisme CC.II.
Mulleres nas historias da foto, Margarita Ledo Andión
Foto verdade, Margarita Ledo Andión
A muller no xornalisnio deportivo, María Xesús Fernández
A discriminación, tamen nos xornais, Avelina Barreiro
Muller e xornalista, unha realidade sen clichés, Concha Pino
Mulleres xornalistas: un tránsito arredor do cuarto poder, Isabel A. Lorenzo
lmaxe de muller, Margarita Ledo Andión
De ¡Hola! a Vogue, Juana Gallego
Radio pública e radio privada diferencias e similitudes, Amelia García e Mari Pereira
Ser muller na radio, Begoña Caamaño
Para quen falamos, Cristina Lombao
A primeira vez, Victoria Rodríguez
Unha lectura da Publicidade, María Antonia Múñoz Mella
A muller víctima da publicidade, Carmen Ares
A muller anuncio, Ana Isabel Muñoz
Sobre "Mulleres e industrias culturais", María Xosé Queizán
A greña cos media, Elvira Huelbes Villafrá
Feministas lndependentes Galegas (FIGA)
0 poder e a escritura
Antoloxía, Carmen Blanco
Noticias
0"Museo da muller" de Aaurhus Unha lección de autoestima, María Xosé Porteiro
María Pita: A xénese dun mito, Xulia Cabaleiro
0 reino da fraxilidade, Luz Pozo Garza
Jacqueline Rose. "A muller como síntoma", Kathleen March
Quero un fillo da técnica, Amanda Alvarez
0 mundo plástico de María Antonia Dans, Anxeles Penas
J, Teresa Juega: Poeta esquecido, Amara Amor
Con que voz, Amanda Alvarez
Cuestións de complicidade: mulleres de carácter nos filmes de James Cameron, Kristina M. Passman
Mulleres que pasaron como o vento, Mª Carmen Kruckenberg
Teresa del Valle. Unha antropóloga de Euskalerría, Carmen Blanco
A última novela de Marina Mayoral, Manuela Pena Santiago
Un millón de vacas, Marisa Andrade
Tigres coma cabalos. Poemas de Xela Arias e fotos de Xulio Xil, M . Carmen Panero Menor
Evidencias de María Xosé Oueizán, M. Pilar J. Alexandre
G.W. Leibniz. Filosofía para princesas, María Xosé Agra
Sexo e feminismo, Hipólita López
Diario do mimo de Carmen Panero, Luz Rei
Enigma e silencio, María Xosé Oueizán
A forza da evidencia, Teresa Barro
A viaxe aventura de A formiga coxa de Marilar Aleixandre, Sabela Alvarez Núñez
Tres libros de Helena Villar Janeiro, Isabel Mouriz Barja
Conversando con Malbarate, Carmen Rábade
CREACIÓN
Nº 10 O desafío de Antígona, a razón de Fin de Século
O desafío de Antígona, a razón de Fin de Século María Xosé Queizán
O futuro é muller Victoria Sau
Hacia a superación dos xéneros Rosa Cobo Bedía
A Ilustración: Século de luces... e de sombras Mari A.Lires
De identidades, xenéricos e suxeitos Ángeles J.Perona
Familia, amor, xustiza... María Xosé Agra
As voltas co inimigo principal Críticas a 'O segundo sexo' na década dos 80 Alicia H. Puleo
A rebelión do "producto". (Razón patriarcal, sororidade e pactos entre mulleres) Luisa Posada Kubissa
Razón e razóns contra o feminino Cristina Molina Petit
Aproximación ao feminismo galego de posguerra Carmen Blanco
Mulleres si, pero Luisa Villalta
Poesía escrita por mulleres en España e nos últimos anos Concha García
"Da cazuela á platea": A muller no xénero teatral Mónica Bar
Arte versus literatura: As ilustracións en Festa da Palabra Silenciada Mª Luisa Sobrino
Maruja Mallo: A aventura poliédrica Elvira Martínez
Susán Calvin, única robopsicóloga do mundo Esperanza Mariño
A muller galega e o proceso de alfabetización (1860-1 930) Blanca Martínez
¿O que e a crítica literaria feminista? Unha perspectiva norteamericana Kathleen March
André Lorde: poeta e constructora de pontes Kristina Passman
Escrito por mulleres Helena González
Pura Vázquez. Man que escribiu no mar María Xosé Queizán
Rapazas de Agustin Fernández Paz Sabela Álvarez Núñez
Bienal de Artistas Galegas Mónica Bar
Prometo a flor de loto de Luz Pozo Garza Ánxeles Penas 
Operación Ogro de Eva Forest Elvira Souto
Alicia H. Puleo: La Ilustración olvidada. La polémica de los sexos en el S.XVIII Inés Fernández Buján
A condición feminina en Queda la Noche de Soledad Puértolas Ana María Spitmesser
Esse modo burlom... de Elvira Souto en Vínculo de sangue Carmen Panero
Despertar das amantes de María Xosé Queizán Carmen Panero
A (in)utilidade de voltar ós lugares comúns Manuela Pena
En salvaje compaña de Manuel Rivas Dolores Vilavedra
Tránsito dos dramáticos de Marilar Aleixandre Marisa Andrade
Un oito -deitado- é igual a infinito. Novas poetas Marilar Aleixandre
Perto e lonxe. Narradoras italianas: Clara Sereni e Grazia Cherchi Marilar Aleixandre
Cristina Molina Petit. Dialéctica Feminista de la Ilustración Consuelo E. Leis Calvo
Mulleres galegas Lidia Fontoira
Vera Lúcia de Oliveira. Unha poetisa de dúas"Xeo-grafías" Rosa Correia
Michéle Le Doeuff, El Estudio y la Rueca.- De las mujeres de la filosofía, etc. A.C. Rodríguez Buján
M. X. Rodríguez Valcárcel (1993): Lingua e literatura galegas en "El Regional'. Santiago.- Lea: Carme Silva Dezasete liñas para Consuelo García Devesa Marilar Aleixandre
CREACIÓN: Pura Vázquez, Ánxeles Penas, M. Xesús Pato, Isolda Santiago, Mónica Bar Cendón, Asun Arias, Margot Chamorro, Carmen Lobón, Olga Novo, Sandra Cisneros, Concha García, Esther Prieto, Lourdes Á[varez, Felicia Fuster, Jeanne Hyvrard , Louise Cotnoir, Belén Moreno Feliú, Ursula Heinze, Susana Romero, M. Xosé C. Trillo