Translate

"RAG's affair"

Por que as Academias da lingua seguen a manifestar aversión polas representantes da única revolución triunfante, en marcha e con moito futuro, que aproveitarán as tataranetas dos Sres. académicos? Si, dígo en masculino porque as voces femininas da RAG cinguiron o seu rumor  e non foron quen de dar un paso adiante, para romper a inercia centenaria que xa padeceu Emilia Pardo Bazán.
Alá elas coa súa conciencia e o seu servizo ao patriarcado.
Desde o feminismo seguiremos avocando para que cada vez máis mulleres accedan aos espazos autoasignados polos homes, índa que moitas aproveiten (incluso entorpezan) os camiños abertos polas pioneiras.
Seguiremos denunciando as cotas desproporcionadas dos homes, nos lugares de poder, que desestabilizan o equilibrio democrático dunha sociedade civilizada.
Pero o rexeitamento de María Xosé Queizán, cómpre dicilo, é unha ruindade para a cultura deste tristeiro país galego.

Para máis información, lean o asunto da Academia.
MBC

A palabra de María Xosé Queizán na Academia Galega

Carta aberta as académicas e académicos da RAG

A escritora e feminista María Xosé Queizán foi elixida polo Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 14 de setembro de 2010, como digna candidata para formar parte da ilustre institución que vostedes forman. O Consello, axente das políticas de igualdade, levou a consenso a proposta de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega, na actualidade, integrada soamente por catro mulleres, logo do recente pasamento de Olga Gallego Domínguez.

A resolución do Consello valorou o labor extenso a prol da nosa cultura e a nosa lingua, de María Xosé Queizán, consolidada nas súas diversificadas facetas como intelectual, docente e activista a prol dos dereitos das mulleres na nosa sociedade e que damos por feito, a Institución que vostedes forman, terán a ben considerar...




Actualizar a Rosalía


A Festa da palabra silenciada mergúllase nunha renovada análise da escritora, 125 anos despois do seu pasamento, cando se cumpren 25 anos da publicación do primeiro monográfico adicado á Rosalía (debaixo adxúntase o enlace para a consulta do monográfico do ano 1985)   




Reseñas do Monográfico nº 26:  Ramón Nicolás






Festa da palabra dixital, nº 1


Ir ao enlace


Introdución: María Xosé Queizán
A muller na Era de Acuario: Teresa Barro
Margarita ledo Andión
A muller e os medios de comunicación: María Xosé Porteiro
O andar musical galego: Natalia Lamas
Safo de Lesbos, a décima musa: Cristina Hermo
Literatura Galega de mulleres: Camino Noia
O ensaio feminista galego: Carmen Blanco
Pondal e a muller: Irene Pérez Pintos / Carme Taboada Pérez
Nos libros; a muller femia do home: Carme e M.Celia G.Seixas, Ana Vila Montero
O momento do desafío: Isabel Mouriz
Muller e saúde: Celia Miralles
As mulleres na cociña: Carmen Parada
A casa encheu unha infancia: Maite Rabanal
Creación: Xoana Torres, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán
Rosa Cameselle
Carmen Rábade
Ana Romaní
Pilar Pallarés
Helena de Carlos, Cristal, Dolores R.Seoane
Erica Jong, Margot Chamorro
Carys Evans
Sabela Ávarez Núñez